Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Laxe analizan as demandas e necesidades...

A Xunta e o Concello de Laxe analizan as demandas e necesidades relativas ao agro dos veciños deste municipio coruñés

0
image_gallery.jpg

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde mantiveron unha xuntanza telemática de traballo para avanzar neste eido


O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha xuntanza telemática de traballo co alcalde do concello de Laxe, José Luis Pérez, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades relativas ao agro dos veciños deste municipio coruñés. Na reunión tamén estiveron presentes o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, e de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

Así, ambos dirixentes analizaron as diferentes actuacións a desenvolver a través do convenio de protección das aldeas, asinado entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga. Neste senso, o conselleiro agradeceulle o seu apoio na prevención de lumes, ao terse sumado xa a este convenio, e invitouno a que analizara os diferentes núcleos poboacionais para poder crear algunha aldea modelo.

Ademais, tamén abordaron a posibilidade de realizar execucións subsidiarias con cargo ao convenio en ata 10 hectáreas de superficie e realizar actuacións de xestión de biomasa nas vías de titularidade municipal ata un máximo de 10 quilómetros por concello e ano.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre