Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Larouco colaboran para mellorar a seguridade...

A Xunta e o Concello de Larouco colaboran para mellorar a seguridade viaria da rúa Carril cun investimento de 48.000 euros

0

Trátase dunha actuación de rehabilitación do firme ao longo dos case 200 metros desta rúa paralela á OU-636, favorecendo a accesibilidade de peóns e condutores

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Larouco, Joaquín Bautista, asinaron hoxe un convenio de colaboración para mellorar a seguridade viaria da rúa Carril, cun investimento de 48.000 euros.

O obxectivo desta colaboración do departamento de Infraestruturas da Xunta coa Administración local é executar os traballos de rehabilitación do firme ao longo dos case 200 metros desta rúa paralela á estrada autonómica OU-636, o que incidirá directamente na mellora da accesibilidade e da seguridade viaria de peóns e condutores.

As tarefas a executar no marco deste convenio inclúen a instalación do sistema de recollida de augas pluviais na parte da rúa Carril que carece da mesma, co obxectivo de evitar inundacións da calzada.

Mediante o convenio asinado hoxe o departamento de Infraestruturas da Xunta comprométese a financiar as obras de mellora, e o Concello de Larouco asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras, así como á contratación, execución, dirección, control e recepción das obras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre