Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Ferrol acordan traballar xuntos na candidatura...

A Xunta e o Concello de Ferrol acordan traballar xuntos na candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial

0
image_gallery.jpg


A Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol traballarán xuntos no expediente para a candidatura de Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial da UNESCO. Así o avanzaron hoxe a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e a concelleira de Patrimonio Histórico do concello ferrolán, Eva Martínez, nun encontro no que avaliaron o traballo feito ata o momento e sentaron as bases para continuar avanzando no expediente.

Deste xeito, a representante da Xunta de Galicia e a concelleira ferrolán coincidiron na necesidade de avanzar de xeito conxunto para impulsar este proxecto fundamental para a cidade de Ferrol a través de iniciativas como a creación dun grupo técnico de traballo no que se centralicen todas as actuacións e permita establecer as liñas da folla de ruta. Ambas acordaron manter unha nova reunión no vindeiro mes de decembro para revisar a estratexia de actuación conxunta e dar novos pasos cara o impulso desta candidatura.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre