Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Coristanco avalían vías de colaboración para...

A Xunta e o Concello de Coristanco avalían vías de colaboración para dinamizar a economía e o emprego deste municipio coruñés

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Juan Carlos García Pose, no que o informou dos diferentes programas de apoios abertos á presentación de solicitudes


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, no que se avaliaron diferentes vías de colaboración para dinamizar a economía e o emprego do municipio coruñés.

Neste sentido, o conselleiro informou ao rexedor dos diferentes programas de apoio do seu departamento destinados á cooperación coas entidades municipais e abertos á presentación de solicitudes nestes momentos.

Así, a Xunta ten aberto o prazo de tres programas que suman 16 millóns de euros e que permitirán que os concellos galegos poidan contratar, este ano, a máis de 1800 persoas desempregadas. En concreto, trátase das convocatorias correspondentes a persoas receptoras da Risga, Aprol Rural e persoas desempregadas para o desenvolvemento de obras e servizos de interese xeral e social.

Os concellos tamén poden optar ás axudas para a posta en marcha de obradoiros duais de emprego, que suman 23,2 millóns de euros, ao novo programa para a formación e contratación de menores de 30 anos, dotado con 7 millóns de euros, ademais das axudas para a contratación de orientadores laborais, entre outros.

No encontro, Conde informou ao rexedor das vantaxes que suporía para Coristanco ser Concello Emprendedor, unha iniciativa que permite aos concellos ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre