Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Castro de Rei analizan as demandas...

A Xunta e o Concello de Castro de Rei analizan as demandas e necesidades deste municipio lugués

0

O conselleiro do Medio Rural mantivo unha videoconferencia co rexedor, onde analizaron o estado actual dos dous procesos de concentración parcelaria abertos a día de hoxe

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha xuntanza telemática co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio lugués relacionadas co agro. Na xuntanza tamén estivo a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé. Durante a reunión, o conselleiro analizou o estado dos dous procesos de concentración parcelaria que están a día de hoxe abertos neste municipio e trasladoulle ao rexedor que, no caso da zona de Triabá, estase traballando no seu estudo hidrolóxico. No tocante á zona de San Xiao de Mos, José González sinalou que este ano está previsto entregar os títulos desta concentración e así dala por rematada. Ademais, tamén estudaron a posibilidade de decretar novos procesos de concentración parcelaria neste concello.

Noutra orde de cousas, o conselleiro trasladoulle a posibilidade de poñer en marcha diferentes instrumentos de mobilización de terras, tales como aldeas modelo ou polígonos agroforestais, para dinamizar o agro e velar pola recuperación de terras agrarias en desuso.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre