Inicio Galicia A Xunta e o Concello de Avión estudan vías de colaboración para...

A Xunta e o Concello de Avión estudan vías de colaboración para a recuperación de terras agrarias neste municipio ourensán

0


O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, reuniuse hoxe co alcalde de Avión, Antonio Montero, para avanzar na posible creación dunha aldea modelo neste municipio ourensán, así como para impulsar diferentes proxectos de recuperación de terras no seu territorio.

No encontro, no que tamén participaron técnicos de Agader e do Concello, o director xeral explicou ao rexedor as diferentes opcións que ofrece, ao respecto, a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre