Inicio Galicia A Xunta e o concello de Arbo colaboran na mellora das infraestruturas...

A Xunta e o concello de Arbo colaboran na mellora das infraestruturas viarias

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá o concello


Arbo (Pontevedra), 2 de outubro de 2019. A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe o concello de Arbo acompañados polo seu alcalde, Horacio Gil, onde ambas administracións colaboraron na mellora de varias infraestruturas viarias.

Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e da veciñanza, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.

A Xunta e o concello de Arbo colaboraron o ano pasado nun proxecto para a mellora da pavimentación de dous camiños públicos municipais nos núcleos de O Couto e Almuíña co obxectivo de rexenerar a rodadura de ambas estradas. Os traballos incluíron o desbroce e a limpeza dos dous camiños. No caso do camiño do Couto tamén se retiraron as raíces das árbores que deterioran o seu firme. Con esta actuación mellorouse o servizo aos usuarios que transitan por estas vías, tanto vehículos como peóns, e quedaron rematadas as conexións coa actual rede viaria de Arbo conseguindo un conxunto interconectado.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre