Inicio Galicia A Xunta e o Clúster da Xeotermia Galega colaboran para promover o...

A Xunta e o Clúster da Xeotermia Galega colaboran para promover o uso desta enerxía renovable e autóctona

0

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou con representantes de Acluxega sobre esta iniciativa, que se centrará na elaboración dun estudo que defina o papel desta tecnoloxía na transición enerxética

A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) cooperan para promover o uso desta enerxía renovable, limpa e autóctona nos fogares galegos, mediante un convenio de colaboración dotado con 35.000 euros que hoxe asinou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.

Tal e como informou o director xeral hoxe en Vigo, o obxectivo desta cooperación é a realización dun estudo conxunto que defina o papel da xeotermia no actual contexto de transición enerxética, avaliando as súas potencialidades e os posibles impactos positivos na economía galega, a innovación neste ámbito ou a súa integración co medio natural.

Durante a presentación, púxose de relevo que, polas características do seu subsolo, Galicia é a comunidade autónoma cun maior potencial de enerxía xeotérmica de España, polo predominio de rocas cristalinas de alta condutividade térmica, como os granitos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre