Inicio Galicia A Xunta e o Banco Santander asinan un convenio para plantar 105.000...

A Xunta e o Banco Santander asinan un convenio para plantar 105.000 bidueiros

0

A entidade financeira achegará 800.000 euros para levar a cabo actuacións de rexeneración ambiental e paisaxística

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Santander España, Rodrigo Echenique, asinaron un convenio de colaboración polo cal este banco financiará con 800.000 euros a plantación de 105.000 bidueiros. A actuación, xunto con outras accións de rexeneración ambiental e paisaxística, realizarase nunha valgada do concello de Ponteareas afectada polos lumes de outubro de 2017 e comprenderá unha superficie dunhas 220 hectáreas.

Para reducir as probabilidades de que esta zona volva sufrir un incendio das mesmas características, o convenio comprende tres actuacións. A primeira é a retirada da madeira queimada. A segunda é a devandita plantación de bidueiros nunha superficie de 70 hectáreas, substituíndo especies como o piñeiro e o eucalipto. Deste xeito, crearase unha discontinuidade natural, a base de frondosas caducifolias, que evite grandes masas continuas de especies pirófitas.

A terceira actuación que desenvolverá a Xunta co financiamento do Santander é o cambio de uso de dúas parcelas separadas, de 135 e 12,5 hectáreas. Estes terreos vanse rozar e fertilizar, como paso previo a sementar especies herbáceas. Estes dous novos pastos mellorarán a protección antiincendios da zona, ademais de mellorar o seu valor paisaxístico e a biodiversidade da contorna.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Deste xeito, co apoio do Banco Santander, Galicia avanza na prevención dos lumes coa creación de faixas auxiliares de frondosas caducifolias autóctonas, que neste caso substitúen ao piñeiro e o eucalipto, e de cortalumes naturais en forma de pastos.


- Te recomendamos -