Inicio Galicia A Xunta e ?La Caixa? renovan a súa colaboración para actuar contra...

A Xunta e ?La Caixa? renovan a súa colaboración para actuar contra a pobreza infantil nas sete cidades galegas

0

Prestarase apoio a 350 familias con menores ao seu cargo


A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o subdirector xeral da Fundación La Caixa, Marc Simón, renovaron esta mañá a colaboración entre a Xunta de Galicia e a entidade para ampliar o programa CaixaProinfancia, co fin de continuar a loita contra a pobreza infantil nas setes cidades galegas.

Fabiola García salientou que con este programa poderemos axudar a unhas 350 familias, pois grazas a esta iniciativa, “moitas nenas e nenos de barrios desfavorecidos poden desfrutar dunhas oportunidades que a súa contorna non era capaz de lles garantir”, destacou.

A conselleira incidiu en que é necesario unir forzas para lograr este obxectivo, pois “necesitamos o compromiso e a implicación dos concellos”. Por iso, nas próximas semanas trasladarase este convenio aos concellos das sete cidades para que asinen a súa adhesión a este programa ata o ano 2021.

A proposta de CaixaProinfancia diríxese aos menores en situación de pobreza ou exclusión social coa finalidade de que teñan as mesmas oportunidades que o resto das nenas e nenos. O obxectivo do programa é romper o círculo de pobreza que se transmite de pais a fillos e promover accións enfocadas ao desenvolvemento social e educativo.

Para isto proporcionaranse accións de reforzo educativo, como grupos de estudio, reforzo individual ou reforzo escolar; atención e terapia psicosocial; promoción da saúde con suplementos de alimentación, hixiene infantil, gafas e audiófonos; medidas de educación non formal e tempo libre, como campamentos e actividades de verán; e apoio educativo familiar.

Barrios con pobreza infantilCaixaProinfancia actúa en diferentes barrios como o de Monte Alto da Coruña; no de Fontiñas de Santiago de Compostela; no de Recimil situado en Ferrol; en diversos barrios de Lugo e Ourense; no de Monteporreiro en Pontevedra e no de Calvario en Vigo. En todos eles, a Xunta de Galicia e La Caixa colaboran cos concellos e as entidades sociais para identificar casos de pobreza infantil e responder a eles. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre