Inicio Galicia A Xunta e FEGAMP colaboran para incrementar nun 10% os usuarios da...

A Xunta e FEGAMP colaboran para incrementar nun 10% os usuarios da rede CeMIT e ofrecer 35.000 horas de formación dixital en 2019

0

O Goberno galego achegará este ano preto de 800.000 euros aos centros de referencia da Rede para actividades formativas


A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) colaborarán por sexto ano consecutivo para facilitar que a capacitación dixital pública e gratuíta chegue a todos os galegos a través das actividades da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de aulas de aulas (CeMIT).

Así se recolle nun convenio, asinado esta semana pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a FEGAMP para xestionar a subvención, entrega e distribución dos fondos públicos ás entidades locais para realizar actividades dixitais, a través da Rede CeMIT.

InvestimentoAo longo do ano 2019 a Amtega destinará máis de 1,5 millóns de euros a desenvolver actividades do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 nas aulas da rede CeMIT, así como ao mantemento das infraestruturas dos centros e a mellora das ferramentas de xestión.

En concreto, achegarase ás entidades municipais a través da FEGAMP 789.522 euros para realizar actuacións en materia de inclusión dixital nas 64 aulas CeMIT consideradas de referencia. Este orzamento distribuirase atendendo a criterios de actividade das aulas así como da poboación do municipio, correspondendo ás entidades locais de máis de 5.000 habitantes unha subvención de 15.000€ e ás de menos de 5.000 habitantes a contía de 7.251€.

Pola súa banda, a FEGAMP continuará prestando un papel fundamental como canle de comunicación coas entidades locais galegas e será a encargada de transferirlles as correspondentes subvencións.

Obxectivos 2019O obxectivo final da Rede CeMIT é acadar que a cidadanía acceda ao mundo dixital, e dotar aos galegos e galegas das capacidades e habilidades dixitais necesarias para facer pleno uso das TIC e aumentar a súa calidade de vida, a empregabilidade, a inserción social e a innovación social dixital.

Dado o bo resultado acadado en 2018, coa colaboración dos máis de 800 aliados dixitais, a Xunta busca en 2019 continuar garantindo e ampliando a capilaridade e universalidade destes servizos de capacitación dixital promovendo a participación dos axentes sociais, empresariais e entidades públicas para acadar unha maior variedade de temáticas e actuacións en materia de inclusión dixital en todo o territorio galego.

Concretamente, en 2019 está previsto que a Rede imparta máis de 35.000 horas formativas no eido dixital e acade os 88.000 usuarios e usuarias.

Tamén fomentarase a certificación de competencias dixitais e o desenvolvemento de actividades como o uso seguro da rede, o manexo da administración electrónica, a robótica e programación ou o pilotaxe de drons, co fin de dar resposta ás necesidades dunha Galicia dixital.

Máis formación, máis uso da redeO incremento de servizos dixitais deber ir acompañado de accións formativas e divulgativas que dinamicen o seu uso. Estas medidas repercutiron nun avance en materia de sociedade dixital. O poñen de manifesto os incrementos rexistrados durante o período 2011-2018. Por exemplo o uso de internet en Galicia pasou do 58% ao 80,4%, medrando 22,4 puntos, quinto mellor incremento de España.

A franxa de 45 a 54 anos achégase xa ao 90% cando en 2011 apenas superaba o 50% e no caso concreto da franxa de 55 a 64 anos, pasou do 26% ao 64,8%, medrando nun 149%, segundo mellor incremento de España. Entre os 65 e os 74 anos, a cifra chega xa a un 44,2% de uso cando en 2011 apenas un 9,2% das persoas desas idades facía uso da Internet.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre