Inicio Galicia A Xunta e Farmamundi colaboran na atención de emerxencia á poboación da...

A Xunta e Farmamundi colaboran na atención de emerxencia á poboación da Franxa de Gaza

0

A previsión é atender unhas 750 persoas, a quen se lles proporcionará alimentos de primeira necesidade


A Xunta de Galicia, en colaboración coa ONGD Farmamundi, activou o convenio de colaboración asinado entre ambas entidades co obxectivo de executar unha intervención de emerxencia na Franxa de Gaza tras a recente escalada de violencia e o comezo do Ramadán.

A través deste dispositivo, esperase atender a unhas 750 persoas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade. Distribuiranse alimentos de primeira necesidade ás familias, e contribuirase a crear redes e unha pequena estrutura de organización de seguridade alimentaria.

Ademais da recente escalada de violencia e o inicio do Ramadán, cómpre ter en conta que a Franxa de Gaza é unhas das zonas do planeta con maior densidade de poboación, onde o 68,5% da poboación sofre inseguridade alimentaria. De feito, a Xunta xa ten contribuído noutras ocasións a mellorar a seguridade alimentaria de Palestina da man da Axencias de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA).

Colaborando desde 2009Esta actuación súmase a outras que Xunta e Farmamundi realizan conxuntamente dende o ano 2009 no marco dos dez convenios de colaboración asinados para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano.

O obxecto destes convenios é o de realizar as actuacións que ambas partes acorden, de cara a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfase en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

O convenio de colaboración actívase cada vez que acontece unha emerxencia, previa negociación e solicitude por parte de Farmamundi. A activación destes convenios nos anos anteriores permitiu dar resposta inmediata e coordinada coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), e o sistema das Nacións Unidas, a diferentes emerxencias acaecidas, entre elas: os tifóns Ketsana e Haiyan en Filipinas, o furacán Ida no Salvador, o terremoto e a epidemia de cólera en Haití, a crise humanitaria en Somalia e República Democrática do Congo, as emerxencias por causa da choivas no Salvador e Nicaragua, a crise alimentaria no Sahel, a precaria situación de Palestina ou o conflito en Siria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre