Inicio Galicia A Xunta e Cruz Vermella organizan un debate con xornalistas para abordar...

A Xunta e Cruz Vermella organizan un debate con xornalistas para abordar o reflexo das persoas sen fogar nos medios de comunicación

0

O obxectivo foi ter unha visión dos profesionais sobre esta problemática e avanzar en recomendacións para o seu tratamento informativo

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta tarde no café-debate ‘Os sen teito non existen’ organizado pola Cruz Vermella no Hotel Monumento San Francisco e no que se deron cita xornalistas. Esta é unha das actuacións no ámbito da sensibilización social que están recollidas no estudo diagnose sobre a situación das persoas sen fogar en Galicia elaborado pola devandita entidade e a Consellería de Política Social.

O obxectivo desta actividade foi ter unha visión das achegas dos profesionais dos medios de comunicación ao respecto do tratamento das informacións que teñen como protagonistas ás persoas sen fogar. Neste sentido, Arturo Parrado explicou que no encontro se debateu acerca das noticias sobre a problemática das persoas sen fogar, facendo unha análise da terminoloxía empregada, do enfoque, das imaxes e das fontes consultadas. Tamén se expuxeron recomendacións para o tratamento informativo destas situacións.

Leer más:  Irene Garrido, concejala del PP de Vigo, renuncia para enfocarse en su labor en el Congreso

O estudo sobre a situación das persoas sen fogar recentemente presentado pola Xunta e a Cruz Vermella servirá de base para establecer as medidas concretas de actuación que recollerá o plan de atención a este colectivo e que estará listo nos primeiros meses do vindeiro ano. 


- Te recomendamos -