Inicio Galicia A Xunta e concello de Salvaterra de Miño colaboran en actuacións de...

A Xunta e concello de Salvaterra de Miño colaboran en actuacións de eficiencia térmica e mellora de equipamentos na Casa da Cultura

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, visitou esta mañá a Casa da Cultura que contou cunhas axudas de preto de 58.000 euros


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, visitou esta mañá actuacións levadas no concello de Salvaterra de Miño levadas a cabo ao abeiro da axudas da Vicepresidencia. Concretamente actuacións de mellora enerxética e mellora de equipamentos na Casa da Cultura por importe de preto de 58.000 euros.

Segundo explicou Marta Fernández-Tapias, grazas a estas axudas mellóranse as condicións de illamento térmico e acústico, acadase unha maior eficiencia enerxética e polo tanto aforro no consumo. Ademais, coa intención de mellorala accesibilidade foi adquirido un salvaescaleiras para que tódalas persoas con dificultades de mobilidade podan acceder a tódalas plantas do edificio sen problema, para conseguir asi acceso por exemplo á Biblioteca que se atopa no segundo andar.

Durante a súa visita, a directora xeral, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre