Inicio Galicia A Xunta e Concello de Porto do Son avalían a posta en...

A Xunta e Concello de Porto do Son avalían a posta en marcha do Plan de seguridade nas praias ante a covid-19

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, onde explicou que a Xunta axudará na contratación de persoal, sinalización, vixiancia e limpeza de praias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro co alcalde do concello, Luis Oujo, sobre a posta en marcha do plan de apoio aos concellos para reforzar o persoal de servizo nas praias, onde o rexedor de Porto do Son indicou que o seu concello optou á axuda para gastos de persoal, sinalización e alugamento de vehículos.

O vicepresidente autonómico sinalou a necesidade desta cooperación entre Xunta e entidades locais para contribuír á súa recuperación económica tras a paralización da actividade pola covid-19 e nun sector tan importante como o turístico. Por iso, incidiu en que a colaboración entre o Goberno galego e os concellos é clave para levar a cabo actuacións que redunden no benestar dos seus veciños, neste caso garantindo un uso seguro dos espazos públicos e, en concreto, das praias, que constitúen un dos principais focos de atracción de turistas na época estival.

Rueda indicou que “este é un bo momento para poñer de manifesto que en Galicia estamos preparando as nosas praias que, sen dúbida son un atractivo para moita xente, para os que vivimos en Galicia e tamén para moita xente de fora. Este ano, todos estamos de acordo en que vai ter que ser en circunstancias diferentes, nos temos que acostumar a respectar as distancias na propia praia, a seguir tomando as medidas de hixiene, que son necesarios e nos permiten non renunciar ao desfrute da praia”Alfonso Rueda explicou que, mediante convenios cos municipios, a Xunta participará no reforzo de normas e pautas organizativas, de seguridade e vixilancia e de limpeza e conservación ambiental dos areais para a contención e a prevención da pandemia. Así, a día de hoxe arredor de 40 concellos galegos xa presentaron a documentación. Estas axudas están destinadas aos pequenos e medianos concellos co obxectivo de reforzar o persoal que colabore en actuacións de organización e vixilancia de accesos, control de aforos ou da permanencia nos areais, así como traballos de limpeza e sinalización.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre