Inicio Galicia A Xunta e Cogami reforzarán a súa colaboración para favorecer a accesibilidade...

A Xunta e Cogami reforzarán a súa colaboración para favorecer a accesibilidade en proxectos e obras que execute a administración autonómica

0
image_gallery.jpg

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade prestará asesoramento para mellorar a accesibilidade nas obras de integración paisaxística dos Camiños de Santiago á súa entrada en Compostela


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, reforzarán a súa colaboración co obxectivo de favorecer a accesibilidade en proxectos e obras que execute a Administración autonómica.

Así se acordou na reunión que esta semana mantivo a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, con representantes da entidade, encabezados polo seu presidente, Anxo Queiruga, na que tamén participou o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro.

Segundo o abordado no encontro, COGAMI achegará a súa experiencia e prestará asesoramento á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de cara a mellorar a accesibilidade en distintas actuacións que se están a levar a cabo, como as intervencións de mellora da integración paisaxística dos Camiños de Santiago á súa entrada en Compostela.

Así mesmo, COGAMI asesorará aos técnicos da administración autonómica de cara a lograr que a estación intermodal de Santiago sexa máis accesible ás persoas con distintas necesidades de mobilidade.

Dáse así continuidade á colaboración que o departamento de Infraestruturas da Xunta vén mantendo con COGAMI, xa que esta entidade encárgase actualmente da xestión da central de reservas dos servizos de transporte baixo demanda da Xunta.

Desde o pasado ano, a través do Centro Especial de Emprego, Combina Social S.

L., COGAMI vén xestionando a central de chamadas que recolle todas as consultas e reservas de prazas no transporte a demanda, unha nova modalidade de transporte que puxo en marcha o Goberno galego co obxectivo de incrementar os servizos de transporte público e favorecer a mobilidade, fundamentalmente no rural.

Na reunión, Ethel Vázquez avogou por afondar na colaboración a prol dunha maior accesibilidade no transporte, tanto a través das infraestruturas, como as estacións intermodais, como dos servizos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre