Inicio Galicia A Xunta e Clun apostan polo fortalecemento feminino no rural co proxecto...

A Xunta e Clun apostan polo fortalecemento feminino no rural co proxecto ?Mulleres de seu?

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asinou co presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños un convenio para a visibilización e apoio a proxectos de promoción da Igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou a relevancia do apoio ao fomento do empoderamento feminino, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres rurais no marco da sinatura do acordo de colaboración co presidente de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), José Ángel Blanco Purriños para a visibilización e apoio a proxectos de promoción da Igualdade.

Así, o obxecto deste acordo de colaboración é poñer en valor o traballo das mulleres, dando visibilidade ás actuacións levadas a cabo pola cooperativa CLUN no marco do proxecto “mulleres de seu” que trata de promover o empoderamento e o desenvolvemento profesional das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural.

Segundo indicou López Abella, a través deste acordo de colaboración ,a Secretaría Xeral da Igualdade e Cooperativas Lácteas Unidas coa iniciativa “Mulleres de Seu” fan unha aposta polo empoderamento feminino no rural, que é un dos obxectivos da iniciativa posta en marcha por Clun. Este grupo constituído en 2013 desde a Fundación Feiraco reuniu, ata a actualidade, a máis de 450 socias en máis dunha vintena de accións formativas, talleres e outras xornadas de traballo.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

O programa ‘Mulleres de Seu’ é unha das liñas prioritarias das políticas de Responsabilidade Social Empresarial de CLUN, nacida da integración, en xaneiro de 2017, de tres cooperativas de referencia en Galicia, Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. As vías cara o liderado que promove Mulleres de Seu, son a capacitación profesional como empresarias e gandeiras,a formación persoal desde o punto de vista técnico, pero tamén emocional e das aspiracións, o empoderamento a través da participación na Cooperativa e nos seus órganos de xestión, nas institucións e nas organizacións sociais e o coñecemento directo doutras cooperativas e entidades sectoriais para intercambiar experiencias, fomentar as relacións e aproveitar sinerxías de traballo.

Finalmente, Susana López Abella rematou indicando que dende o Goberno galego se traballa para mellorar a situación das mulleres rurais , fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -