Inicio Galicia A Xunta e as grandes consumidoras de enerxía demandan medidas para mellorar...

A Xunta e as grandes consumidoras de enerxía demandan medidas para mellorar a competitividade da industria electrointensiva

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro coa presidenta da Asociación de Empresas con Gran Consumo de Energía (Aege), Teresa Rasero, e representantes de compañías galegas do sector


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro en Santiago de Compostela coa presidenta da Asociación de Empresas con Gran Consumo de Energía (Aege), Teresa Rasero, e representantes de compañías galegas do sector, para avaliar propostas para mellorar a competitividade da industria electrointensiva en Galicia.

No encontro, tanto a Xunta como Aege coincidiron en demandar que desde o Goberno central se tomen medidas que favorezan un custo eléctrico que permita competir co resto de países europeos e reclamar a aprobación urxente por parte do Goberno central do Estatuto de consumidores electrointensivos, que garanta un prezo de entre 35 e 40 euros/MWh para competir en igualdade de condicións co resto de países europeos.

Para este Estatuto a Xunta e a industria electrointensiva galega xa enviaron as súas propostas a principios de ano, sen obter ningún tipo de resposta. Fronte a isto, tal e como lembrou Conde, a Xunta decidiu tomar de novo a iniciativa e elaborar as liñas básicas que debe recoller o Estatuto, as cales foron eviados aos partidos nacionais para tratar de que o Goberno central aprobe canto antes o documento.

Tal e como lle explicou o conselleiro á presidenta de Aege, entre outras, na proposta galega recóllense medidas de carácter fiscal, como a supresión do imposto do 7% á xeración eléctrica a todos os consumidores, sexan grandes empresas, pemes ou particulares; e a supresión do céntimo verde ao carbón.

Desde Galicia tamén se pide a redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso, para axustar os custos de transporte ao resto de países europeos; e incídese no fomento dos contratos bilaterais a longo prazo. Ademais, recóllese como necesidade irrenunciable a incorporación da categoría do consumidor hiper – electrointensivo.

Na reunión resaltouse que a industria electrointensiva instalada en Galicia exerce un efecto tractor sobre a economía e a súa viabilidade potencia a recuperación económica. O consumo de electricidade neste tipo de industrias chega a supoñer o 50% dos seus custos de produción. Por iso, tanto o conselleiro de Economía, Emprego e Industria como a presidenta de Aege concidiron en que o Estatuto debe proporcionar seguridade xurídica e certeza para garantir a competitividade da subministración eléctrica ás plantas industriais e dotalas así dun marco que lles permita seguir investindo no país.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre