Inicio Galicia A Xunta e as asociacións de atención á diversidade avanzan nun protocolo...

A Xunta e as asociacións de atención á diversidade avanzan nun protocolo escolar para nenos con necesidades específicas de apoio educativo

0
image_gallery.jpg

O documento dará unha resposta máis concreta á realidade deste alumnado tomando como base o protocolo que xa rexe no ensino galego durante este curso


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha primeira reunión de traballo con representantes das asociacións de atención á diversidade para avanzar na posta en marcha dun protocolo específico para alumnado con diversidade funcional durante este curso.

No encontro, que contou coa participación dunha trintena de entidades, o titular de Educación avanzou que este novo protocolo tomará como base o actual que xa rexe o ensino en Galicia pero dará unha resposta máis concreta para a atención á diversidade con especial fincapé na atención a necesidades educativas especiais, independentemente da modalidade de escolarización.

Preténdese que o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 para alumnos con diversidade funcional no curso 2020-2021 recolla as reclamacións e necesidades expresadas por estes colectivos e que afonde ademais tanto nas pautas de prevención básicas individuais e colectivas específicas para este alumnado como nas pautas organizativas tendo en conta a dimensión asistencial que acompaña á educativa nalgúns destes casos, con persoal non docente que traballa no apoio á autonomía persoal deste alumnado e que precisan tamén dunha resposta sociosanitaria e educativa concreta.

Dialogado e consensuado“Será un protocolo específico, dialogado e consensuado tomando como base as recomendacións e pautas sanitarias, que son de obrigado cumprimento, e tamén terase en conta as reclamacións dos distintos colectivos para asegurar un transcurso do curso seguro e eficiente para a infancia galega nun ano inédito como este”, explicou o conselleiro.

En todo caso, reiterou, as indicacións dos servizos de saúde serán o punto de partida e as liñas mínimas a garantir en cada momento e contarase tamén coa avaliación e asesoramento do novo Comité Educativo. Tras asumir o departamento de Educación da Xunta de Galicia, esta reunión foi a primeira toma de contacto de Román Rodríguez cos integrantes destas asociacións de atención á diversidade funcional e dá continuidade ao traballo realizado nos últimos anos para conseguir unha educación cada vez máis inclusiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre