Inicio Galicia A Xunta e a Universidade de Vigo afondan na súa colaboración en...

A Xunta e a Universidade de Vigo afondan na súa colaboración en materia de cooperación transfronteiriza

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza de traballo co reitor, Manuel Reigosa


O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, mantiveron unha xuntanza de traballo para repasar e afondar nos proxectos de colaboración que manteñen a Administración autonómica e a institución educativa, fundamentalmente en materia de cooperación transfronteiriza.

Un dos principais proxectos comúns neste eido son as prácticas laborais a través da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, nas que participa alumnado de diversas especialidades da Universidade de Vigo. Do mesmo xeito, a UVigo é unha das más activas dentro do programa de intercambio Iacobus, orientado a fomentar a cooperación e mobilidade académica no espazo universitario luso-galaico. De feito, é a que máis candidatos e participantes achega desde que se lanzou esta iniciativa en 2014.

Ademais, a AECT da Eurorrexión colabora en proxectos europeos coa Universidade, así como tamén a Uvigo participa no programa de cooperación transfronteiriza financiado pola Unión Europea POCTEP 2014-2020.

Xa para rematar, no reunión abordaron asuntos relativos á celebración do próximo Job Day transfronteirizo, adicado ás TIC, que terá lugar en Vigo en colaboración coa Universidade, entre outros participantes. Os Job Day da Eurorrexión veñen celebrándose desde 2014 para potenciar o emprego transfronteirizo e foron presentados en Bruxelas como boa práctica no sector de emprego. Ata agora levan 5 edicións, con moito éxito de participación tanto de empresas como de persoas que buscan emprego. 

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

- Te recomendamos -