Inicio Galicia A Xunta é a única administración que actúa en materia de vivenda...

A Xunta é a única administración que actúa en materia de vivenda en Vigo malia as competencias do Concello neste eido

0

O director xeral explica que as actuacións directas na cidade se centran na promoción pública de vivendas e na ampliación de San Paio de Navia

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde salientou que a Xunta é a única administración que está actuando en materia de vivenda en Vigo malia que a normativa vixente atribúe aos concellos competencias no eido do desenvolvemento de vivenda social.

Lembrou que das 16 cidades españolas de máis de 250.000 habitantes, Vigo é a única, xunto con Murcia, que non dispón de empresa municipal de vivenda.

Actualmente as actuacións directas do Goberno galego en Vigo céntranse na promoción pública de vivendas e na ampliación do solo para vivenda protexida de San Paio de Navia.

Heriberto García indicou que en breve se adxudicará a obra de construción de 36 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas, licitadas en decembro do ano pasado por importe de preto de cinco millóns de euros. A Xunta tamén adxudicará a construción doutras 26 vivendas de promoción pública na rúa Chantada, licitadas en marzo de 2018 por importe de preto de 3,5 millóns de euros.

Leer más:  El TSXG ratifica la decisión de un juzgado de Vigo que consideraba válida la extensión del contrato del servicio municipal de agua

Por outra parte, o Executivo autonómico continúa desenvolvendo o proxecto de ampliación de San Paio de Navia, para o que o concello xa aprobou inicialmente o plan parcial. A Xunta agarda recibir as alegacións presentadas para estudalas e modificalas, tal como o propio director xeral do IGVS explicou onte aos representantes da asociación de veciños de Navia.

O obxectivo do Goberno galego é continuar coa adquisición de solo por permuta no ámbito do plan parcial, no que a Xunta xa dispón de máis do 50 por cento do ámbito, e redactar o proxecto de expropiación unha vez o plan parcial estea aprobado definitivamente. Ao tempo que se realiza a expropiación redactarase o proxecto de urbanización co obxectivo de que o solo para 1.600 vivendas protexidas estea a disposición dos promotores o antes posible.

O director xeral indicou que a Xunta tamén actúa en Vigo a través dos diferentes programas de axudas para o acceso á vivenda como o Bono de Alugueiro Social, as subvencións ao alugueiro e á rehabilitación.


- Te recomendamos -