Inicio Galicia A Xunta e a ONCE presentan dous cupóns dedicados ao Día de...

A Xunta e a ONCE presentan dous cupóns dedicados ao Día de Galicia e á accesibilidade no Camiño de Santiago

0


O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, presentaron hoxe dous novos cupóns dedicados ao Día de Galicia e á accesibilidade no Camiño de Santiago que coincidirán cos sorteos do propio 25 de xullo e o 5 de agosto, respectivamente. Fixérono no marco dun acto no que tamén participou a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o presidente do Consejo Territorial da ONCE en Galicia, Carlos Fernández.

No transcurso do mesmo, o responsable de Cultura e Turismo apuntou que esta iniciativa permitirá impulsar a imaxe de Galicia, así como poñer en valor as accións levadas a cabo polo Goberno galego para promover a accesibilidade nos distintos itinerarios a través de proxectos como o Plan de Albergues ou o Plan de accesibilidade turística do Camiño de Santiago. “Queremos que o Camiño de Santiago sexa unha experiencia inclusiva, que aposte pola diversidade e onde todos poidan sentirse peregrinos”, subliñou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre