Inicio Galicia A Xunta e a Mancomunidade de Montes de Vigo colaboran no fomento...

A Xunta e a Mancomunidade de Montes de Vigo colaboran no fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero

0

O acordo servirá para financiar tres contratacións coa categoría profesional de peón forestal por un período de 12 meses (dúas delas) e de nove meses (a restante)

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a sinatura do convenio entre o conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, polo que se formaliza a concesión dunha subvención a esta entidade para fomentar a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero. No acto tamén participou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.

Así, tal e como se establece no acordo, a Consellería do Medio Rural achegará un total de 58.451,25 euros para financiar tres contratacións coa categoría profesional de peón forestal. Dous destes contratos serán por un período de 12 meses e o terceiro por nove meses. En virtude do convenio, a Mancomunidade comprométese a efectuar a selección das traballadoras a través dunha oficina de emprego, a formalizar con elas o correspondente contrato laboral e a dalas de alta na Seguridade Social, entre outras obrigas.

Neste acto, o vicepresidente da Xunta destacou a importancia da inserción laboral para que as vítimas da violencia de xénero recuperen a súa autonomía e independencia económica porque a falta de recursos propios e dun traballo estable impide en moitos casos a estas mulleres rachar coa situación de violencia. Alfonso Rueda incidiu na necesidade de facer fincapé con medidas deste tipo no rural para fomentar a igualdade entre mulleres e homes.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural sinalou que o rural galego é maioritariamente feminino. Así, podemos presumir de que na nosa comunidade o número de mulleres que son titulares de explotacións agrogandeiras ronda o 50%, moi por riba do 22,6% da media nacional, dixo. Un dato, sinalou o conselleiro, que reflicte a importancia que ten a muller no medio rural.

Estas axudas enmárcanse nas medidas incluídas dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que en Galicia coordina a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Precisamente este departamento da Xunta asinou acordos de colaboración coa Consellería do Medio Rural para xestionar directamente estas axudas, de maneira máis eficaz e eficiente.

A Consellería que dirixe José González achega este ano un total de 600.000 euros para financiar estas subvencións, reguladas por unha orde específica para o ámbito agroforestal e que foi publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado día 23 de xullo.

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no rural galego, a Xunta conta ademais cunha liña de axudas para a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero dirixida aos concellos e outro programa de inserción laboral pioneiro co mesmo fin destinado a entidades sen ánimo de lucro.

Pacto de Estado contra a Violencia de XéneroAo abeiro das axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o Goberno galego está levando a cabo actuacións como programas de acompañamento a vítimas, protección dos menores orfos ou quendas de garda psicolóxica e social. Trátase dun acordo transversal e integral no que colaboran as distintas consellerías da Xunta. Para erradicar esta lacra, a Vicepresidencia da Xunta tamén asinou acordos con colectivos profesionais como o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o Colexio Oficial de Traballo Social, a Federación de Mulleres Rurais de Galicia, as tres universidades galegas, e esta mesma semana o Consello da Avogacía Galega e o Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre