Inicio Galicia A Xunta e a Mancomunidade de Arousa Norte comparten a necesidade de...

A Xunta e a Mancomunidade de Arousa Norte comparten a necesidade de maior colaboración das administracións para apoiar aos concellos na difícil tarefa da depuración das augas

0

O Goberno galego salienta o respaldo manifestado polas confrarías de pescadores á proposta da Xunta de creación dunha sociedade pública para apoiar aos municipios na xestión do ciclo urbano da auga


A Xunta e a Mancomunidade de municipios de Arousa Norte compartiron hoxe a necesidade de maior colaboración das administracións para prestar apoio aos concellos na difícil tarefa do saneamento e a depuración das augas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, e o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro mantiveron hoxe unha xuntanza cos alcaldes da Mancomunidade Arousa Norte. Na reunión, na que participaron os rexedores de Boiro, Ribeira, Rianxo e A Pobra do Caramiñal, abordaron a situación do saneamento da ría de Arousa e o proxecto de creación da ‘Sogama da auga’.

As conselleiras resaltaron que as confrarías de pescadores manifestaron o seu apoio á creación dunha sociedade pública para apoiar aos municipios na xestión do ciclo urbano da auga, seguindo o modelo de Sogama para os residuos.

Incidiron que esta nova sociedade xurde para axudar aos concellos na correcta explotación e mantemento destas infraestruturas municipais, para o que ademais da participación de Xunta e os Concellos precisa da implicación das deputacións provinciais, que teñen a obriga de auxiliar aos municipios As conselleiras puxeron en valor a aposta da Xunta por lograr o saneamento integral na ría de Arousa, e o importante esforzo de planificación, programación e investimentos. Lembraron que o control de vertidos de terra ao mar permitiu emendar 130 vertidos contaminantes á ría de Arousa desde o ano 2009.

Ademais, salientaron os 87 millóns de euros de investimentos mobilizados en infraestruturas hidráulicas na ría de Arousa, co obxectivo de axudar aos concellos nas súas competencias, lograr unha xestión eficaz e eficiente da auga e mellorar a calidade das augas da ría e na recuperación de zonas costeiras, ”algo esencial para a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo de toda esta comarca”, remarcaron. Segundo apuntaron, estes investimentos permitiron executar actuacións para mellorar os sistemas de depuración nos concellos da zona norte da ría de Arousa como e o exemplo dos colectores xerais e as depuradoras de Corrubedo e Ribeira ou o saneamento de Boiro. Ethel Vázquez concretou que agora mesmo están en execución outros 14 millóns de euros na zona de Arousa Norte, para a mellora do saneamento de Rianxo, o novo colector e tanque de tormentas e a ampliación da depuradora. E outros 17 millóns máis en proxectos para a mellora de sistemas de saneamento da outra parte da ría: en Cambados, A Illa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

A conselleira defendeu que a principal necesidade agora é garantir o correcto funcionamento das infraestruturas hidráulicas executadas, o que explica o impulso dun sistema que permita apoiar aos municipios na correcta xestión das infraestruturas construídas, para o que teñen dificultades contrastadas.

Incidencia na produción pesqueiraEthel Vázquez reclamou a implicación do conxunto das administracións públicas na tarefa do saneameto pola súa incidencia fundamental no turismo, o ambiente e a actividade pesqueira, marisqueira e acuícola.

Pola súa banda, a conselleira do Mar abondou na transcendencia do saneamento para garantir a calidade da produción e sinalou a mellora da clasificación das zonas produtivas acadada grazas aos investimentos da Xunta en infraestruturas hidráulicas e na loita contra os vertidos.

Rosa Quintana salientou que Galicia é a única zona que posúe un centro especializado no control e seguimento das zonas de produción pesqueira, marisqueira e acuícola e asegurou que iso contribúe a que Galicia teña “as mellores calidades de toda a Unión Europea”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre