Inicio Galicia A Xunta e a Fegamp ofertan na Delegación de Ourense unha xornada...

A Xunta e a Fegamp ofertan na Delegación de Ourense unha xornada sobre as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participaron hoxe na inauguración da formación xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz-Mouteira e o presidente da Fegamp, Alfredo García


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, xunto coa delegada territorial de Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, inauguraron hoxe na sede da delegación do Goberno galego na cidade ourensá a xornada formativa “A transparencia na Administración local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica”.

Os empregados públicos e cargos electos da Administración local asistentes puideron coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos e as súas funcionalidades prácticas que explicou nunha das ponencias a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto.

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) organizaron esta xornada na que participaron arredor de 60 empregados públicos co obxectivo de actualizar os seus coñecementos sobre a xestión pública local, sobre todo no que se refire á materia de transparencia nas entidades locais de Galicia. O vindeiro 22 de novembro levarase a cabo unha formación similar na delegación territorial da Xunta en Lugo.

Entre os asistentes á formación de hoxe figuran alcaldes, concelleiros, interventores, tesoureiros, administrativos, auxiliares administrativos, técnicos de xestión ou asesores xurídicos que, a través desta xornada, descubriron as ferramentas necesarias para cumprir coas obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia.

Na xornada tamén se abordaron solucións para facilitar o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local; as novidades da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público en materia de transparencia e publicidade electrónica e as interaccións entre a normativas de transparencia e protección de datos; así como as obrigas da Secretaría Municipal neste ámbito tras a aprobación do Real Decreto 128/2018 polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios da Administración Local coa habilitación de carácter nacional.

Para tratar os contidos anteriores interviron na xornada a secretaria de Administración Local e codirectora da Rede Localis, Concepción Campos; o profesor titular da Universidade de Vigo e tamén codirector da Rede Localis, Alberto Vaquero; a secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Xunta, Elena Barba; e o profesor da Universidade de Santiago e membro da Rede Localis, Daniel Neira. A Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, clausurou o acto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre