Inicio Galicia A Xunta e a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño...

A Xunta e a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño impulsarán a Ruta Xacobea cun congreso internacional

0

O XII Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas, que ía celebrarse o pasado maio en Madrid, terá lugar en Santiago o vindeiro mes de outubro


Galicia acollerá o vindeiro mes de outubro o XII Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas. Así o acordaron a Xunta de Galicia e a Federación Española de Asociaciones de Amigos do Camiño de Santiago, que esta semana mantiveron unha reunión co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira. Trátase dunha cita que estaba previsto celebrar o pasado mes de maio en Madrid, cita que tivo que ser cancelada por mor do coronavirus e que, finalmente, se levará a cabo en Santiago de Compostela o vindeiro outubro.

O Goberno galego e a Federación Española de Asociaciones de Amigos do Camiño de Santiago colaborarán na organización desta cita co obxectivo de continuar co legado de Elías Valiña, o gran impulsor do Camiño e destes congresos internacionais. Nunha situación como a actual, na que a peregrinación se veu interrompida, e ante a próxima celebración do Ano Santo, todos coincidiron na necesidade de continuar traballando xuntos e preservar os valores do Camiño, que se presentan máis necesarios que nunca.

Este congreso formará parte dos prolegómenos do Xacobeo 2021, pois está previsto que a Porta Santa abra o 31 de decembro, e chega coincidindo coa concesión da Medalla Castelao ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago, unha decisión aprobada o pasado venres no Consello da Xunta. Trátase dun recoñecemento a estas entidades que, de xeito altruísta, colaboran desde hai décadas na conservación da Ruta Xacobea, na difusión do seus valores ao longo de todo o mundo e na propia atención aos peregrinos.

Encontro de 150 congresistasEntre os obxectivos do XII Congreso estará facer unha chamada á volta á normalidade no Camiño e facer visible o traballo en marcha na preparación do Xacobeo 2021, o primeiro que se celebra en 11 anos. Nesta liña, a Federación, que se encargará da organización da cita, prevé a asistencia de 150 congresistas procedentes de diferentes países.

Os encontros mantidos nos últimos días, que se mantiveron de xeito periódico ao longo de todo o estado de alarma, serviron tamén para coordinar a reactivación da peregrinación. Neste sentido, os representantes da Xunta compartiron as medidas adoptadas no marco do programa Camiño Seguro, que busca facilitar unha volta á Ruta progresiva e ordenada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre