Inicio Galicia A Xunta e a Federación de Persoas Xordas de Galicia colaboran para...

A Xunta e a Federación de Persoas Xordas de Galicia colaboran para garantir unha asistencia integral ás mulleres xordas vítimas da violencia de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, asinaron hoxe o convenio de colaboración

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, asinaron o convenio que ten como obxectivo garantir unha atención integral ás mulleres xordas vítimas de violencia de xénero, e que conta cunha axuda de 40.000 euros, grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Segundo explicou Susana López Abella grazas a este convenio as mulleres vítimas de violencia de xénero contarán cun servizo de intérpretes en lingua de signos dende o momento de presentación da denuncia. O convenio recolle tamén apoio á formación das e dos profesionais de atención especializada a mulleres xordas da FAXPG -intérpretes de lingua de signos, traballadoras sociais, psicóloga e mediadoras da comunicación-, para formar en conceptos e cuestións relacionadas coa violencia de xénero.

O obxectivo que se pretende é seguir mellorando a resposta que desde as institucións se proporciona ás mulleres vítimas e ás súas fillas e fillos menores, poñendo en marcha medidas para o perfeccionamento da asistencia, axuda e protección que se ofrece ás vítimas a aos seus fillos e fillas, revisando os plans de atención ás vítimas e garantindo un tratamento personalizado, potenciando e adecuando os recursos existentes e facilitando o acceso aos mesmos de todas as mulleres, con especial atención aos colectivos de mulleres máis vulnerables como as mulleres con calquera tipo de discapacidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre