Inicio Galicia A Xunta e a deputación de Badaxoz poñen en común experiencias na...

A Xunta e a deputación de Badaxoz poñen en común experiencias na xestión pública da auga

0

Vázquez Mourelle coñeceu de primeira man o sistema de xestión da auga co que a administración provincial estremeña dá apoio aos concellos


A Xunta de Galicia e a Deputación de Badaxoz puxeron hoxe en común as súas respectivas experiencias na xestión pública da auga. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez coñeceu hoxe o modelo de funcionamento do consorcio de xestión da auga liderado polo ente provincial, con cuxo presidente, Miguel Ángel Gallardo, mantivo un encontro.

Acompañada do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e da directora e do xerente de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez e Gonzalo Mosqueira, respectivamente, a conselleira coñeceu esta mañá de primeira man a xestión do abastecemento e a depuración dos municipios por parte dese organismo.

Na xuntanza fixeron fincapé nos principios fundamentais deste modelo baseado na xestión eficaz e en condicións de igualdade para os cidadáns.

A titular de Infraestruturas explicou que a Xunta colabora cos concellos nas súas competencias de abastecemento e depuración e está a traballar para mellorar a prestación dos servizos relacionados co ciclo da auga, sobre todo, nos municipios con menos recursos.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Subliñou a necesidade da implicación e colaboración das deputacións na xestión destas competencias locais, o que resultaría positivo e redundaría nunha administración máis eficiente do recurso hídrico. 


- Te recomendamos -