Inicio Galicia A Xunta e a Deputación da Coruña avanzan nos trámites da xestión...

A Xunta e a Deputación da Coruña avanzan nos trámites da xestión directa dos parques comarcais de bombeiros da provincia

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao Pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, no que se acordou a aprobación inicial da relación de postos de traballos como paso previo á entrada en vigor do novo modelo de xestión directa

O Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, acordou hoxe a aprobación inicial da relación de postos de traballo do organismo. A decisión acordouse nun Pleno do Consorcio, ao que asistiron hoxe o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso. Esta medida supón un paso previo do cambio de modelo cara unha xestión directa dos dez parques dependentes deste ente, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2020.

A Xunta e a Deputación acordaron noutro Pleno do Consorcio celebrado o pasado setembro esa modificación cara un modelo de xestión directa nos parques de Carballo, Arteixo, Arzúa, Ordes, Betanzos, As Pontes, Cee, Santa Comba, Boiro e Ribeira, que se integran no Consorcio. En 2016 a Xunta estableceu unha vía de diálogo coas deputacións provinciais para definir o modelo de xestión dos parques dependentes dos consorcios provinciais, actuacións que comezaron cos consorcios de Lugo e da Coruña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre