Inicio Galicia A Xunta e a Confederación de Empresarios de Pontevedra analizan medidas que...

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Pontevedra analizan medidas que favorezan a recuperación económica

0
image_gallery.jpg

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con Jorge Cebreiros, o presidente da entidade pontevedresa


O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión esta mañá co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, para analizar medidas que favorezan a recuperación económica e coñecer as propostas da entidade empresarial.

Na reunión, Conde insistiu en que impulsar a recuperación da economía galega é unha das prioridades deste inicio de lexislatura e asegurou que Galicia seguirá adiante co Plan de reactivación que contempla unha mobilización de 3000M€ de fondos público-privados. Un Plan que xa está en marcha e que no eido económico contempla medidas orientadas a dotar de liquidez as pemes galegas, potenciar a súa dixitalización, fomentar novas canles de comercialización -tamén no eido internacional- así como o fomento da eficiencia enerxética.

Entre as medidas que xa se activaron destacan a liña de avais para facer fronte á pandemia que xa leva aprobado 2237 solicitudes por valor de 112M€; os 12 millóns de euros activados por Igape e Gain para apoiar a reorientación de actividade do tecido produtivo cara a fabricación de elementos para a loita contra a covid-19 ou os 26M€ para impulsar a dixitalización do tecido empresarial. Ademais, identificáronse tres proxectos tractores capaces de crear, completar, impulsar e dinamizar as cadeas de valor estratéxicas para a industria galega: un para a xeración de hidróxeno verde, outro de impulso da economía circular e unha fábrica de téxtiles a partir de celulosa soluble.

No transcurso da reunión tamén se acordou dar continuidade ao clima de colaboración actual, mantendo un diálogo social permanente entre a Administración, sindicatos e organizacións empresariais para consensuar as medidas que mellor se adapten á realidade actual, un compromiso que se ratificou a semana pasada coa reunión que a Xunta mantivo cos axentes sociais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre