Inicio Galicia A Xunta e a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de...

A Xunta e a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo acordan abrir novas liñas de colaboración para a Reconquista

0
image_gallery.jpg

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuníronse esta mañá coa directiva da asociación para abordar posibles apoios da Administración autonómica á Festa de Interese Turístico Nacional


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiron hoxe na sede da Xunta en Vigo a parte da xunta directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo para abordar novas liñas de colaboración de cara á celebración da Reconquista no 2021.

Cómpre lembrar que este evento foi recoñecido no 2019 como Festa de Interese Turístico Nacional, sendo a primeira celebración da cidade en acadar esta distinción e a quinta da provincia de Pontevedra.

Neste senso, Castro destacou o “apoio decisivo e permanente” do Goberno galego a este evento, e sobre todo no camiño emprendido nos últimos anos de cara a consecución deste título. Tanto a directora de Turismo de Galicia como a delegada da Xunta en Vigo coincidiron en sinalar que este recoñecemento supón un “orgullo” para Galicia, e que as festas galegas son uns dos máis importantes recursos turísticos cos que conta a comunidade.

Na reunión á que asistiron o presidente da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo, José Tamega, o tesoureiro, Francisco Lorenzo, e o secretario, Fiz Axeitos, ambas representantes autonómicas tomaron nota das súas propostas de cara a celebración da Reconquista do 2021. En todo caso, lembraron que a Xunta seguirá colaborando con este festexo, agora cunha achega de polo menos 25.000 euros no marco dos convenios que Goberno galego asina todos os anos coas festas desta categoría.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre