Inicio Galicia A Xunta e a Asociación Érguete colaboran na mellora da situación das...

A Xunta e a Asociación Érguete colaboran na mellora da situación das mulleres en risco ou situación de exclusión social

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe en Vigo a sede da Asociación Érguete


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá xunto coa presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño Otero, a sede que ten Vigo, onde se leva a cabo o Programa Mírate, para a mellora de mulleres en risco ou situación de exclusión social.

A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, colabora dende 2009 coa asociación ao abeiro da orde de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos para xestantes e lactantes, entre as que se encontran mulleres en situacións de risco ou en proceso de exclusión social. Concretamente, no pasado ano a Xunta subvencionou o Programa Mírate, impulsado pola asociación de Avendaño, con máis de 31.000 euros.

O programa de intervención, formulado dende unha perspectiva de xénero e dirixido a mulleres privadas de liberdade, pretende promover cambios nas súas condutas e emocións, cuestionar os mandatos do xénero ou buscar modelos de feminidade máis acordes ós seus desexos e necesidades. Así, o obxectivo final do Programa Mírate radica na mellora da saúde integral deste colectivo de mulleres.Érguete é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo facilitar a incorporación sociolaboral das persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre