Inicio Galicia A Xunta duplica o seu apoio aos concellos para o desenvolvemento de...

A Xunta duplica o seu apoio aos concellos para o desenvolvemento de programas de inclusión social

0

Feijóo salienta que o orzamento aumenta de 2,5 M€ a máis de 5,2 M€, o número de concellos beneficiados de 55 a 65 e os programas financiados de 160 a 198

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe na rolda de prensa do Consello da resolución da orde axudas aos concellos para desenvolver programas de inclusión da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de inclusión social. O seu orzamento, dixo, duplícase con respecto á ultima convocatoria, aumenta de 2,5 M€ a máis de 5,2 M€. O número de concellos beneficiados elévase de 55 a 65 e os programas financiados, de 160 a 198.

En relación á esta nova convocatoria, Feijóo precisou que haberá dúas importantes novidades. En canto ao período para levar a cabo os programas subvencionados, precisou que se elevará de 16 a 20 meses, para que as entidades que os impulsen conten con máis continuidade. E, salientou, por primeira vez, incluirase un programa específico para a atención ás persoas sen fogar para axudar este colectivo a superar esta situación.

Así mesmo, o presidente do Goberno galego fixo fincapé na necesaria colaboración institucional entre os concellos e a Xunta. As corporacións municipais son responsables dos servizos sociais básicos e a Administración autonómica, dixo, no seu firme compromiso coas iniciativas de inclusión social, destinará en 2020 máis de 120 M€ a estes programas, un 70% máis do que se investía en 2009.

Finalmente, e logo de recordar que aínda segue habendo moitas persoas que o están a pasar mal, sinalou que hai datos que nos levan a un comedido optimismo. “Na Comunidade hai menos fogares que nunca que chegan con dificultade a fin de mes e Galicia é a segunda comunidade de España con menos persoas en situación de extrema necesidade”, indicou, ao tempo que engadiu que “esta taxa se reduciu nun 60% no que vai de lexislatura”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre