Inicio Galicia A Xunta duplica, ata chegar aos 20.000 euros, o convenio coa Fundación...

A Xunta duplica, ata chegar aos 20.000 euros, o convenio coa Fundación Andrea para axudar a familias con menores cunha enfermidade longa ou terminal

0

Con este incremento dáse cobertura ás ‘Casitas’, aloxamentos que a fundación pon á disposición de familias que teñen fillos ingresados no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou hoxe un convenio de colaboración coa presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca Fernández, para dar continuidade ao traballo de apoio ás familias con fillas e fillos que padecen enfermidades longas ou terminais que realiza a entidade. Co incremento da súa achega, que se duplica ata acadar os 20.000 euros, a Xunta recoñece a importancia do labor que leva a cabo esta entidade social.

O aumento da contía destinada por Política Social a este fin busca dar cobertura ás ‘Casitas’, os aloxamentos que a Fundación Andrea pon á disposición das nais e pais con fillos con ingresos de longa duración no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e que non teñen domicilio na capital galega.

Así mesmo, con este convenio colabórase no desenvolvemento do programa ‘Soporte Vital’, que permite ás familias con poucos recursos económicos afrontar os custes de tratamentos de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, entre outros. Tamén grazas a esta iniciativa, nais e pais reciben axuda económica para desprazamento e manutención cando teñen que trasladar aos seus fillos a outros hospitais de España.

Caixa BenvidaAdemais deste convenio, a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea teñen aberta neste ano 2020 outra liña de colaboración por medio da Caixa Benvida. A entidade encárgase do subministro de unidades de xoguetes de apego para esta caixa, polo que reciben 15.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre