Inicio Galicia A Xunta duplica as axudas ás entidades de iniciativa social para o...

A Xunta duplica as axudas ás entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de actuacións en favor da inclusión

0

Adxudícanse axudas por importe de 16 millóns de euros para o período 2018-2020


A Xunta vén de resolver unha nova orde de subvencións plurianuais por un montante global de 16 millóns de euros dirixida a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Son 124 as entidades beneficiadas por esta liña de axudas coa que se sufragarán 961 proxectos, 237 máis que na anterior convocatoria. Este é o sexto ano consecutivo no que se incrementa a contía concedida ao abeiro desta orde, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, superando en mais dun 90% o importe concedido na anterior convocatoria 2017-2018.

Esta orde regula varios tipos de axudas. En primeiro lugar, aquelas dirixidas á cobertura de necesidades básicas como o aloxamento e manutención, as cales constitúen un primeiro nivel de atención que brinda ás persoas usuarias o acceso ao resto dos recursos dispoñibles. Para acadar este obxectivo, o importe consignado permite garantir que todos os centros de inclusión e emerxencia social recibirán subvención, sempre que conten con autorización oficial da Xunta.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

No resto de tipoloxías de axudas, a subvención vai dirixida a proxectos de carácter innovador ou complementarios aos servizos sociais comunitarios e á atención para a inclusión social e acceso ao mercado laboral das persoas en risco de exclusión social ou para a poboación inmigrante. Inclúe, así mesmo, un programa de mediación intercultural, dirixido a facilitar a comunicación e a convivencia entre persoas procedentes de diferentes culturas, así como o financiamento de accións de asesoramento técnico en estranxeiría.

Concedéronse tamén axudas encadradas na liña de actuación consistente en investimento en centros de inclusión e emerxencia social, tanto para construír ou mellorar centros como para adquirir inmobles, equipamento, moblaxe e vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, o que redunda nunha mellora da calidade da atención ás persoas usuarias dos centros.

Ademais, a Xunta amplía por primeira vez o prazo subvencionable das actuacións financiadas e abarcará o período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2020. Dáse así resposta ás demandas das entidades, que deste xeito disporán dunha maior estabilidade na súa planificación e programación.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Estratexia de Inclusión SocialEsta orde enmárcase na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, que dá especial importancia aos procesos vinculados á integración das persoas usuarias dos servizos sociais. Neste documento establécese, entre outras medidas, unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión.

Así mesmo, a devandita estratexia tamén recolle aspectos relacionados coa importancia do traballo de acompañamento social e co apoio que é preciso prestar para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral.


- Te recomendamos -