Inicio Galicia A Xunta dota de material de protección ás escolas infantís e casas...

A Xunta dota de material de protección ás escolas infantís e casas niño da provincia ante o inicio da actividade

0

Estes centros súmanse no último envío ás residencias de maiores, vivendas tuteladas e similares, superando as 103.000 unidades para 180 institucións

A Xunta de Galicia está a dotar de material de protección contra o coronavirus ás casas niño, Puntos de Atención á Infancia (PAI) e escolas infantís públicas e privadas da provincia de Lugo ante o inicio da actividade.

O Goberno galego completou un novo envío de 103.300 unidades de protección entre 180 centros na práctica totalidade dos concellos da provincia. Preto da metade son institucións como as citadas, orientadas ao coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos, e o resto residencias, vivendas tuteladas e outros servizos para persoas maiores ou con discapacidade, entre outras.

Así, nesta ocasión distribúe 42.700 luvas, 54.000 máscaras e pantallas faciais, 440 batas e mandís, 4.500 gorros e calzas, e tamén xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.

Con estas achegas o Goberno galego quere colaborar con todos os centros prestadores de servizos sociais -sexan xestionados por administracións, entidades sociais ou empresas privadas- reforzando a seguridade de traballadores e usuarios. Deste xeito, dende o inicio da crise sanitaria foron subministrados máis de 1,7 millóns de elementos de protección en distintas entregas de periodicidade semanal. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre