Inicio Galicia A Xunta doará 150 cordeiros a distintas entidades sociais ao abeiro da...

A Xunta doará 150 cordeiros a distintas entidades sociais ao abeiro da rede mercaproximidade

0
image_gallery.jpg

As cesións, que se levarán a cabo a semana vindeira, beneficiarán a Cáritas e aos Bancos de Alimentos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra


A Consellería do Medio Rural doará un total de 150 cordeiros a distintas entidades sociais, ao abeiro da rede Mercaproximidade. Así, a Xunta continuará coas cesións impulsadas no marco desta canle alternativa de comercialización creada durante o estado de alarma para dar saída aos produtos agroalimentarios galegos que viron reducida a súa comercialización debido á covid-19.

As doazóns de carne de cordeiro, que se levarán a cabo a semana vindeira, beneficiarán a Cáritas e aos Bancos de Alimentos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra. En concreto, distribuiranse entre o martes 13 e o venres 16 de outubro.

Esta nova compra de alimentos con fins sociais no marco de Mercaproximidade engádese ás numerosas feitas nos últimos meses polo Goberno galego, como a destinada ao Banco de Alimentos de Lugo dende onde se distribuiu un total de 100 toneladas de patacas nas sedes de Cáritas de toda España. A esta cantidade hai que engadir outras 30 toneladas cedidas por un produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal).

A Xunta tamén doou diversos produtos agroalimentarios a outras entidades sociais para atender os colectivos máis desfavorecidos durante a emerxencia sanitaria, así como aos hospitais galegos, para que puidesen confeccionar os seus menús con producións de proximidade e de calidade diferenciada.

Cómpre lembrar que, dende a súa creación o 15 de abril, máis de 450 industrias transformadoras e produtores adheríronse como provedores a Mercaproximidade. Da banda da distribución, colaboran a práctica totalidade das cadeas que operan en Galicia: Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, El Corte Inglés -cos establecementos Hipercor e Supercor-, Carrefour -cos seus centros Carrefour e Carrefour Market-, Grupo Cuevas -cos seus supermercados Plenus, Aquié e Aquí-, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre