Inicio Galicia A Xunta doa hoxe ao Complexo Hospitalario de Ferrol queixos e carne...

A Xunta doa hoxe ao Complexo Hospitalario de Ferrol queixos e carne de Ternera Gallega no marco da rede Mercaproximidade

0

Estes produtos agroalimentarios súmanse aos xa repartidos polo Goberno galego noutros hospitais da comunidade, así como en numerosos comedores e entidades de toda España

A Consellería do Medio Rural fai hoxe entrega dunha partida de queixos e varias pezas de carne da IXP Ternera Gallega ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, culminando así coas doazóns realizadas a centros sanitarios galegos nos últimos días ao abeiro da rede Mercaproximidade.

Sen saír da provincia, este mesmo luns Medio Rural entregou diversos produtos agrogandeiros ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, que se suman aos repartidos a semana pasada no Chuac da Coruña. Tamén recibiron alimentos os hospitais de Ourense e Lugo, así como os centros de Monforte de Lemos e da Mariña.

Canto ás entregas en entidades e comedores sociais, a Xunta levou a cabo compras de produto importantes, como a destinada ao Banco de Alimentos de Lugo que supuxo a distribución de 100 toneladas de patacas nas sedes de Cáritas de toda España. A esta cantidade hai que engadir outras 30 toneladas cedidas de xeito desinteresado por un produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal).

A adquisición de produtos agroalimentarios da comunidade por parte do Goberno galego lévase a cabo no marco da rede Mercaproximidade, impulsada pola Consellería do Medio Rural co fin de axudar aos agricultores e gandeiros afectados polo peche da hostalaría e a restauración, así como pola suspensión dos mercados locais ata este pasado luns.

Dende a posta en marcha desta nova fórmula de venda o 15 de abril, máis de 450 industrias transformadoras e produtores adheríronse como provedores a Mercaproximidade. Da banda da distribución, colaboran a práctica totalidade das cadeas que operan en Galicia: Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, El Corte Inglés -cos establecementos Hipercor e Supercor-, Carrefour -cos seus centros Carrefour e Carrefour Market-, Grupo Cuevas -cos seus supermercados Plenus, Aquié e Aquí-, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA.

A iniciativa permanece aberta, tanto ás cadeas como ás empresas que subministran a colectividades e ás plataformas de venda online. O obxectivo último é garantir o mantemento das explotacións agrogandeiras galegas para contribuír ao futuro do noso rural. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre