Inicio Galicia A Xunta divulga entre a mocidade testemuñas de superación para fomentar modelos...

A Xunta divulga entre a mocidade testemuñas de superación para fomentar modelos de conduta

0


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou hoxe a importancia que ten ofrecer á xente nova referentes que lles inspiren no día a día das súas vidas, tanto no ámbito das relacións sociais como nos formativo e profesional. Fíxoo durante unha conferencia de Víctor Tasende para escolares de Secundaria de Vigo organizada dentro do ciclo de testemuños motivacionais da Fundación Grupo Sifu.

Víctor Tasende é un galego de 31 anos de idade que con 17 sufriu un accidente que lle causou unha lesión que reduciu practicamente a súa mobilidade por completa. Tras varias intervencións cirúrxicas e moita forza de vontade conseguiu unha recuperación case total e na actualidade é un ‘home de ferro’ capaz de superar con éxito competicións tan esixentes como o Titan Desert. O obxectivo desta conferencia é que os mozos e mozas coñezan esta experiencia e lles sirva de inspiración para afrontar os retos que se lles presenten. 

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -