Inicio Galicia A Xunta distribúe 6,3M? entre os máis de 87.000 beneficiarios do Bono...

A Xunta distribúe 6,3M? entre os máis de 87.000 beneficiarios do Bono Social Térmico

0
image_gallery.jpg

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o enlace ás listaxes das persoas que teñen concedida esta axuda coa que se compensan os gastos dos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e auga quente ou cociña


Un total de 87.076 familias galegas poderán beneficiarse do Bono Social Térmico este ano. A Xunta, a través do Inega, dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, distribuirá 6,3M€ transferidos polo Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico.

O Bono Social Térmico é un programa de concesión de axudas directas para compensar os gastos económicos dos consumidores máis vulnerables polo uso de calefacción, auga quente ou cociña. Os beneficiarios son os mesmos que os que teñen concedido o Bono Social de Electricidade a 31/12/2019 e o importe a ingresar depende tanto da vulnerabilidade da familia como da zona climática na que estea a vivenda. No caso de Galicia oscila entre os 49,84 euros e os 123,94.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución onde se inclúe o enlace á listaxe das persoas ás que se concede esta axuda diferenciando os que teñan a documentación completa dos que deben enviar datos adicionais. Neste último caso, disporán dun prazo de 10 días hábiles (ata o vindeiro 23 de novembro) para enviar a documentación necesaria (DNI ou número de conta bancaria) ou para renunciar á axuda se o desexa. Trámites que se poderán realizar por formulario electrónico, conversa gravada, ou correo postal. Nos últimos días, o Inega xa enviou cartas aos beneficiarios informando destas cuestións e habilitou un teléfono de atención para aclarar calquera dúbida que poida xurdir: 881 55 49 13.

Estas axudas tratan de apoiar ás familias máis vulnerables para que poidan facer fronte a gastos básicos de enerxía. Neste sentido, a Xunta vén de ampliar as axudas galegas do Bono Social Eléctrico e, nestes momentos, xa se concederon 1.337.100 euros a un total de 4126 familias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre