Inicio Galicia A Xunta difundiu o papel estratéxico de máis de 100 mulleres do...

A Xunta difundiu o papel estratéxico de máis de 100 mulleres do mundo do mar a través do proxecto Candieira, cunha achega de preto de 140.000 euros

0

Este proxecto promoveu iniciativas para reforzar a gobernanza e o empoderamento das mulleres do mar e xerou redes de traballo compartido

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou esta mañá en Santiago que o proxecto Candieira, rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia, difundiu o papel estratéxico de máis de 100 mulleres no sector marítimo-pesqueiro a través dunha achega de 140.000 euros por parte da Xunta, ao abeiro das achegas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). Sinalouno durante a presentación da xornada final do proxecto.

Así, a titular de Mar explicou que este proxecto promoveu iniciativas e actividades dirixidas a reforzar a gobernanza e o empoderamento das mulleres do mar e xerou redes de traballo compartido. Tamén favoreceu o seu emprendemento social e empresarial co obxecto de garantir a remuda profesional no mundo marítimo e favoreceu a igualdade de oportunidades profesionais, subliñou a conselleira.

En canto ao papel das mulleres no mundo do mar, Rosa Quintana, destacou que está a gañar relevancia e representatividade nestes últimos anos, grazas á profesionalización das mariscadoras e redeiras e á súa participación nos órganos decisorios e consultivos do sector.

CandieiraCandieira é un proxecto de cooperación e traballo en rede, que aglutina aos GALP da Ría de Pontevedra, do Golfo Ártabro Norte, da Costa da Morte, da Ría de Muros – Noia, da Ría de Arousa e da Ría de Vigo – A Guarda, nun exercicio de cooperación laboral entre os 56 municipios costeiros que conforman estes GALP, e que van desde A Guarda ata Narón.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre