Inicio Galicia A Xunta difunde o valor medioambiental da Illa de Ons entre a...

A Xunta difunde o valor medioambiental da Illa de Ons entre a mocidade cun campamento xuvenil

0

Entre xullo e agosto serán 240 as mozas e mozos que participarán neste campamento que forma parte da Campaña de Verán 2019


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, desprazouse esta mañá ata a Illa de Ons para saudar ás rapazas e rapaces que iniciaron hoxe a primeira quenda do campamento xuvenil Big Bang Illa, dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia. Cristina Pichel destacou que con esta actividade a Xunta pon en valor unha paraxe singular do patrimonio natural galego e conciencia á mocidade sobre a importancia de protexer o medio ambiente.

Durante os meses de xullo e agosto, e distribuídos en catro quendas de oito días cada unha delas, pasarán por este campamento 240 mozas e mozos. Entre as actividades programadas se encontra a práctica de deportes ao aire libre, como tiro con arco, snorkel, paddle surf ou kaiak; obradoiros de ciencia e mesmo unha aula da natureza para coñecer a fauna e a flora da contorna.

En total, en toda a Campaña de Verán poderán participar 9834 mozas e mozos, 62 máis que o ano anterior. A proposta de actividades para esta tempada estival inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.

Nestas actividades participan mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta campaña de verán incorpora como tres novos campamentos dos 21 que ofrece: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot.

Accións de voluntariadoEste ano tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

Desta maneira, os campos de voluntariado en Galicia que pon en marcha a Xunta de Galicia para este verán conteñen 643 prazas, 40 máis que había á disposición da mocidade no 2018. Cómpre lembrar que aínda hai prazas dispoñibles en varios destes campos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre