Inicio Galicia A Xunta difunde esta fin de semana a oferta turística galega en...

A Xunta difunde esta fin de semana a oferta turística galega en Navarra dentro do seu calendario de promoción nacional

0

Galicia preséntase na feira Navartur de Pamplona onde Turismo de Galicia conta cun recinto de 48 metros cadrados


O labor de promoción turística da Xunta leva esta fin de semana a oferta turística galega xeral á feira Navartur, que se celebra na cidade de Pamplona. Un ano máis, Turismo de Galicia promove o noso destino neste certame dedicado a profesionais e ao público xeral, como plataforma para a captación de fluxos turísticos navarros dada a importancia deste certame no ámbito da comunidade foral.

Pola afluencia de público, Navartur é a principal cita turística de Navarra, e ademais da área de exposición, conta con distintas actividades divulgativas relacionadas co turismo. Nesta ocasión, o departamento de Turismo da Xunta participa cun expositor de 48 metros cadrados que difunde a oferta galega e o Camiño de Santiago, un dos produtos máis demandados nesta feira ao ser esta unha Comunidade de paso do Camiño Francés.

Turismo ornitolóxicoDentro do calendario de promoción previsto, a Xunta participará tamén a vindeira fin de semana por décimo ano consecutivo na Feira Internacional de Ornitoloxía, FIO, o certame do turismo ornitolóxico máis importante de España, que se celebrará no Parque nacional de Monfragüe.

Nesta ocasión, Turismo de Galicia instalará un stand modular no que os visitantes e profesionais que se acheguen ata o Parque Nacional de Monfragüe poderán coñecer os 61 espazos de alto interese ornitolóxico identificados en Galicia e distribuídos por toda a súa xeografía. Organizado pola Junta de Extremadura, o certame FIO está considerado como o máis importante do seu xénero no sur de Europa é constitúe unha cita obrigada para todos os especialistas e afeccionados á ornitoloxía en España.

Coa presenza nestes dous certames a Xunta de Galicia continúa reforzando a súa presenza en mercados especializados e tamén de ámbito nacional. De feito, o Instituto Nacional de Estatística (INE) indica que o sector turístico galego aloxou en 2019 un 6,6% máis de viaxeiros, acadando os rexistros máis altos da súa historia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre