Inicio Galicia A Xunta difunde as experiencias empresariais de mozas e mozos ourensáns para...

A Xunta difunde as experiencias empresariais de mozas e mozos ourensáns para fomentar a cultura emprendedora

0

Unha vintena de empresarios, entre 20 e 35 anos de idade, deron a coñecer as súas vivencias e orientaron ao público asistente sobre a posta en marcha dunha idea de negocio

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, inaugurou esta tarde no Espazo Xove de Ourense unha xornada dirixida ao fomento da cultural emprendedora entre a mocidade que levou por título Teño unha idea…

O comezo dunha aventura empresarial. Unha vintena de persoas, na maioría entre 25 e 30 anos de idade, que puxeron en marcha os seus propios negocios, participaron nesta acción, enmarcada na celebración do 25 aniversario da Rede galega de información xuvenil.

Cristina Pichel salientou que o principal obxectivo desta sesión é o de compartir e dar a coñecer as experiencias de mozas e mozos ourensáns no ámbito empresarial. Deste xeito, o que se procura é orientar a outras persoas con inquedanzas emprendendoras, crear sinerxías e favorecer a creación dunha rede de contactos.

Cada un dos emprendedores que participaron na xornada relataron a súa experiencia e responderon ás preguntas dos asistentes. O encontro tamén contou coa colaboración de varias entidades de Ourense, como a Asociación de Empresarias e Profesionais da provincia (AME), a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) o Colexio Oficial de Economistas, e o Centro de Iniciativas para a Mocidade (CIMO).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre