Inicio Galicia A Xunta destinou nos últimos anos mais de 1,5 M? para melloras...

A Xunta destinou nos últimos anos mais de 1,5 M? para melloras ambientais, equipamento e infraestruturas no concello de Porto do Son

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe na súa visita ao concello a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e local para levar a cabo actuacións que melloren a calidade de vida e o benestar da cidadanía


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello de Porto do Son, que grazas ás ordes de axudas da Vicepresidencia ten recibido nos últimos anos máis de 1,5 millóns de euros para diversas actuacións ambientais e de mellora de equipamento e infraestruturas. Durante a visita destacou a importancia da colaboración da Administración autonómica e a local, para executar proxectos que melloren a calidade de vida e redunden no benestar da cidadanía.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, coñeceu de man do alcalde, Luis Oujo, algunhas das obras que se están a levar a cabo no municipio coas axudas do Goberno galego. Así, puido comprobar os traballos de mellora na rede de abastecemento do concello, para os que a Xunta concedeu este ano unha subvención de 80.460 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Esta actuación inclúe a substitución dos tubaxes actuais para reducir o número de avarías e roturas e a mellora da instalación eléctrica e de control da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).

Por outra parte, no marco das subvencións da Orde de Infraestruturas de uso público, o concello de Porto do Son recibiu o ano pasado máis de 29.000 euros para cambiar as carpinterías da fachada e as cubertas, así como nas portas do garaxe do edificio de usos múltiples co obxectivo de mellorar o seu illamento e evitar a entrada de auga.

A Xunta ten investido nos últimos dez anos, a través de varias ordes de axudas como o Fondo de Compensación Ambiental ou a Orde de Infraestruturas de uso público, máis de 1,5 millóns de euros para desenvolver usos recreativos e didácticos dos recursos naturais do municipio; así como acometer melloras nas instalacións de abastecemento de auga, na rede de saneamento e no alumeado público de varios núcleos. Tamén se realizaron obras en parques infantís e instalacións deportivas ou de pavimentación de viais.

Ademais, a través da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, da que forma parte Porto do Son, o Goberno galego financiou a adquisición de equipamento como un parque de colectores, un remolque para vertedoiro ou unha pala cargadora. Este mesmo ano, a través do Fondo de Compensación Ambiental, a Xunta outorgou unha axuda de 70.200 euros a esta mancomunidade para a compra dunha pala de rodas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre