Inicio Galicia A Xunta destinará o vindeiro ano 350.000 euros á modernización do taxi...

A Xunta destinará o vindeiro ano 350.000 euros á modernización do taxi con novas axudas á compra de vehículos de baixas emisións e adaptados á mobilidade reducida

0

O director xeral de Mobilidade enmarca esta iniciativa no traballo do Goberno galego para contribuír á competitividade do sector do taxi, do que dependen case 4.000 familias, e na aposta pola mellora do servizo aos usuarios


O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, salientou hoxe que a Xunta destinará un orzamento global de 350.000 euros no ano 2020 a novas axudas para a adquisición de vehículos de baixas emisións co distintivo ECO e vehículos 0 emisións, así como ao mantemento das existentes desde 2016 para dotar ao seu parque móbil de transporte adaptado á mobilidade reducida, a través das 140 axudas concedidas desde 2016 para a compra destes vehículos.

O director xeral compareceu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento, onde trasladou o traballo do Goberno galego para contribuír á competitividade do sector do taxi, do que dependen case 4.000 familias en Galicia, e velando a súa vez por un mellor servizo aos usuarios.

Na súa intervención, Ignacio Maestro amosou o compromiso da Xunta de facer todo o que permiten as competencias autonómicas para contribuír a unha convivencia leal e equilibrada entre o sector do taxi e as novas plataformas que operan no mesmo mercado. E aquí lembrou que a regulación dos Vehículos de Turismo con Condutor é unha competencia estatal, responsabilidade do Ministerio de Fomento.

Explicou como desde a Xunta en apenas un ano se promoveron tres iniciativas normativas para mellorar a convivencia entre ámbolos dous tipos de negocio.

O director xeral de Mobilidade puxo o acento en que todas estas actuación promovidas polo Goberno galego, de modo dialogado e acordado co propio sector, permitiron este desenvolvemento normativo que, por unha banda, garante un mellor servizo para os usuarios definindo os seus dereitos, por outra permite loitar contra a competencia desleal a través da identificación dos vehículos VTC e finalmente impulsa a flexibilización das condicións de prestación do servizo do taxi.

O director concretou que neste período se redactaron e implementaron dúas normativas encamiñadas a ordenar o sector. Trátase do Regulamento de transporte de persoas en vehículos de turismo de Galicia, e da Orde pola que se desenvolve a obriga de portar dos distintivos identificativos ás VTCs domiciliadas en Galicia, e que na actualidade portan 336 VTC na Comunidade Autónoma.

Iniciativas normativas, tal e como explicou o director xeral da Mobilidade, á que se suma agora a incluída na Lei de Medidas fiscais e administrativas que acompañan ao Proxecto de Lei de Orzamentos de 2020, que inclúen unha serie de modificacións da Lei do Taxi do 2013, atendendo ás demandas formuladas polo sector co obxectivo de dar maiores facilidades e alternativas, tanto ao sector do taxi, coma aos usuarios.

Esta medida, como incidiu Ignacio Maestro, tamén responde á petición das federacións maioritarias do sector e conta co dobre obxectivo de permitir a precontratación do servizo de taxi e concertar o importe da viaxe, entendendo as tarifas vixentes como máximas. E ao tempo aproveita a ocasión para aclarar artigos da Lei do taxi relativos a traballadores relacionados (familiares), taxis adaptados e servicios de transporte regular realizados con taxis.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre