Inicio Galicia A Xunta destinará 140.000 euros a restaurar a igrexa de Santa Cruz...

A Xunta destinará 140.000 euros a restaurar a igrexa de Santa Cruz do Incio e finalizar partes inconclusas da obra

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Cultura e Turismo solicitou ao concello licencia de obra ao tempo que avanza nos trámites para a licitación

A Consellería de Cultura e Turismo investirá máis de 140.000 euros nas obras de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio, que inclúen o remate dalgúns elementos que quedaron inconclusos cando se inaugurou no 1963, como as escaleiras de acceso ao campanario.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería vén de entregar a solicitude de licencia no concello ao tempo que avanza nos trámites para a súa licitación, coa previsión de que esta poida publicarse en tres meses aproximadamente.

Segundo apuntou, unha parte do proxecto está destinada a finalizar partes da obra que quedaron sen rematar, como é o caso do interior da torre do campanario. Foi inaugurada coas escaleiras de man de madeira empregadas durante a obra, anos despois substituídas por outras metálicas que se manteñen actualmente.

Por outra banda, realizaranse tarefas de reposición e mantemento, como a substitución da lousa, introducindo agora unha serie de capas intermedias illantes que melloren as condicións térmicas e de confort. Igualmente, acometeranse labores de saneamento para resolver o problema das humidades procedentes do terreo. No acceso procederase á eliminación de barreiras arquitectónicas.

O proxecto de restauración pretende tamén recuperar a sobriedade e a esencia orixinal da igrexa, deseñada polo arquitecto José Luis Fernández del Amo, unha importante figura da historia recente da arquitectura española. Para iso, actuará sobre o estado das carpinterías, pavimentos, eliminación de cabreado eléctrico e outras instalacións que atravesan a fachada, entre outros traballos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre