Inicio Galicia A Xunta destina preto de 440.000 euros a fomentar a promoción da...

A Xunta destina preto de 440.000 euros a fomentar a promoción da igualdade nos concellos da área de Vigo

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Vigo da resolución das axudas para programas de fomento da conciliación, prevención da violencia de xénero e apoio aos CIM

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, destinará preto de 390.000 euros aos concellos da área territorial de Vigo para fomentar a promoción da igualdade.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en rolda de prensa da resolución das axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade 2018, que este ano, en toda Galicia, achegan máis de 3,7 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Coma explicou a secretaria, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, este tipo de axudas distribúense en tres liñas de actuación: apoio aos Centros de Información á Muller (CIM), fomento da conciliación prevención e tratamento integral da violencia de xénero. A través destas liñas, financiaranse actuacións en 10 concellos da área territorial de Vigo.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

A liña de axudas para programas de fomento da conciliación engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras; como por exemplo os bancos de tempo. En concreto, son beneficiarios Vigo e Redondela con unha achega de 12.000 euros cada un. Ao respecto, a secretaria xeral adiantou que esta liña se vai incrementar dada a elevada demanda rexistrada este ano por parte dos concellos. Así, está previsto incrementar o seu orzamento en case 255.000 euros para chegar a 31 concellos máisA segunda liña, a destinada á prevención e tratamento integral da violencia de xénero, inclúe accións de intervención de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e coas persoas dependentes das vítimas; así como actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución. Neste caso son 4 os concellos que reciben subvención chegando aos 25.271,4. Vigo, Redondela, Baiona e Cangas son os destinatarios.

Por último, o programa de apoio aos Centros de Información da Muller ten coma obxectivo reforzar a funcionalidade destes centros e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles. Este programa recibe a maior contía para apoiar a labor de 10 CIMs da área que, en total, recibirán case 388.410,57 euros.

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo ha otorgado la redacción del proyecto del túnel entre Elduayen y Torrecedeira por un valor de 288.000 euros

- Te recomendamos -