Inicio Galicia A Xunta destina preto de 300.000 euros a actuacións de mellora...

A Xunta destina preto de 300.000 euros a actuacións de mellora enerxética no edificio da audiencia provincial de Lugo

0

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do presidente da Audiencia, José Antonio Varela, e do Fiscal xefe provincial, Roberto Brezmes, visitou esta maña o inmoble lucense

O director xeral xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do presidente da Audiencia, José Antonio Varela, e do Fiscal xefe provincial, Roberto Brezmes, visitou esta maña a sede da Audiencia Provincial, onde se levarán a cabo actuacións en materia de eficiencia enerxética, cun investimento por parte do Goberno galego de preto de 300.000 euros.

Segundo explicou Juan José Martín, dentro do Plan de Eficiencia Enerxética inclúese a mellora enerxética do edificio do Pazo de Xustiza de Lugo, para o que se prevé a substitución de todas as lámpadas por lámpadas LED, polo cal serán substituidas 953 unidades. Con esta medida estímase un aforro enerxético dun 18 %, o que equivale a un aforro anual de 4.300 euros. Nesta mesma liña de melloras enerxéticas, intalaránse tamén 126 xanelas adicionais para mellorar o illamento térmico e estanqueidade. E serán reparadas 128 xanelas de madeira.

A Xunta ten en marcha o Plan de mellora da eficiencia enerxética dos edificios administrativos e dos edificios xudiciais, polo cal se levan a cabo actuacións de fomento do aforro enerxético, medidas para promover o aproveitamento eficiente da enerxía e accións de apoio á xeración de enerxía con menores emisións á atmosfera mediante o aproveitamento de enerxías renovables. A posta en marcha deste Plan conleva a execución de actuacións por importe de 12,5 millóns de euros que permitirá reducir a a produción de enerxía en case 3 millóns de kWh ao ano mediante a mellora dos sistemas de iluminación, de climatización e de redución do consumo actuando sobre a envolvente dos edificios e a implantación de sistemas de sombreamento para evitar a insolación directa. Este Plan está cofinanciado con fondos da Unión Europea, a través dos fondos FEDER. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre