Inicio Galicia A Xunta destina preto de 280.000 euros a impulsar tres novos establecementos...

A Xunta destina preto de 280.000 euros a impulsar tres novos establecementos turísticos na Fonsagrada

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que o Goberno galego axuda á iniciativa privada a potenciar e aproveitar as oportunidades que brinda o recoñecemento do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade


A Xunta de Galicia investiu preto de 280.000 euros en tres novos establecementos turísticos no concello da Fonsagrada, construídos co apoio da Consellería do Medio Rural a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se trata dun complexo de bungalows, un centro de atención ao peregrino e un hotel, todos eles recentemente rematados e que supuxeron un investimento de máis de 580.000 euros. Durante a visita aos dous primeiros, o delegado gabou a iniciativa do promotores e sinalou que a Xunta “traballa ao seu carón para potenciar e aproveitar as oportunidades que brinda o recoñecemento do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade”.“Para elo -engadiu-, un dos instrumentos máis eficaces son os GDR, que xogan un importante papel na diversificación das actividades económicas nos concellos rurais”, en boa medida porque “son os propios axentes locais, a través das asociacións que constitúen os GDR, os que valoran e seleccionan os proxectos máis axeitados no seu territorio, coa implicación das diferentes administracións públicas”.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

No caso da Fonsagrada, as axudas impulsan investimentos por importe de máis de 580.000 euros nas tres iniciativas turísticas vinculadas á ruta Xacobea. En concreto, construíronse oito bungalows para incrementar a capacidade dun cámping xa existente nas inmediacións do núcleo urbano; ademais, sufragáronse melloras en varias dependencias do establecemento, como un almacén cuberto ou a construción dun pozo.

Tamén ás aforas da localidade habilitouse un centro de atención aos peregrinos de planta baixa, con servizos como garaxe para bicicletas, lavandería, zona de relax e lectura ou xogos infantís. E no núcleo urbano reformouse unha casa tradicional para convertela en hotel.

Os GDR apoian tanto iniciativas produtivas como non produtivas, é dicir, os fondos benefician non só a empresas senón tamén a entidades de carácter social. Neste sentido, cabe apuntar que neste municipio financiouse un cuarto proxecto, a creación da páxina web da Asociación de Gandeiros da Fonsagrada, achegando 1.485 euros (o 90 por cento do investimento realizado).

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

Balseiro concluíu que “desde a Xunta hai unha clara aposta por este modelo de dinamización do agro, e por iso, o Goberno galego incrementará o vindeiro ano os fondos para os grupos de desenvolvemento rural ata chegar aos 21,4 millóns de euros”. 


- Te recomendamos -